Friday 10 de May de 2024

Medio Ambiente inicia as tarefas de desinfección das áreas caninas dos parques de Bens, Santa Margarida, Adolfo Suárez, Eirís e Novo Mesoiro.


 

A Concellería lémbralles ás donas e aos donos dos animais que, debido ao estado de alarma, está prohibido pasear por estas zonas
A Concellería de Medio Ambiente ten previsto comezar
este luns os labores de desinfección e desinsectación nas áreas caninas dos parques de
Bens, Santa Margarida, Adolfo Suárez, Eirís e Novo Mesoiro. Por este motivo, distribuíronse
carteis para informar sobre esta medida.
As e os responsables municipais lémbranlles ás donas e donos dos animais que está
prohibido pasear por estas zonas, segundo establece a normativa do estado de alarma e
infórmanas/os de que, desde as 8.00 horas do luns até as 8.00 horas do martes 21 de abril,
estas áreas permanecerán cerradas. Indican tamén que, como a efectividade do tratamento
depende da climatoloxía, se xurdir calquera eventualidade, avisarase con tempo.
12 equipos da Concellería de Medio Ambiente desinfectan a diario as rúas e as instalacións
municipais, en coordinación con Protección Civil da provincia da Coruña. Este persoal
realiza labores as 24 horas, co fin de garantir a seguridade e a hixiene nas vías da cidade.